Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso 29/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, no artígo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria:

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Universitario da Coruña Juan Canalejo, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: 29/2002

2. Obxeto do contrato:

Tipo de contrato: Contrato de subministracións sucesivas.

Descrición do obxecto: subministración de material para mostra e residuo.

Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 74, do 17 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 103.188 A.

5. Adxudicación:

Datas: 17 de xullo de 2002.

Contratistas:

LOTENº ORDEADXUDICATARIOPREZO

UNITARIO

ADXUDICADO

IMPORTE

TOTAL

ESTIMADO

(LOTE)

11SUMCYL, S.L.0,7000

2SUMCYL, S.L.0,5500

3SUMCYL, S.L.0,2400

4SUMCYL, S.L.1,0000

5SUMCYL, S.L.0,6000

6SUMCYL, S.L.0,450021.192,00

27COMERC. HOSPIT. GRUPO 3, S.L.1,93003.242,40

38HORTAS SUMINISTROS, S.L.0,074928.761,60

49FRANCISCO SORIA MELGUIZO, S.A. (*)0,100028.800,00

510DESERTO00

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de xullo de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo da Coruña