Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación para a contratación, mediante concurso público urxente, de liñas de adquisición de equipos para a conexión exterior da rede do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 180 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, publicado no BOE nº 257, do 26 de outubro, publícase o seguinte anuncio de licitación para a adxudicación do concurso público polo procedemento aberto de liñas e adquisición de equipos para a conexión exterior da rede do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 12/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adxudicación do concurso polo procedemento aberto de liñas e adquisición de equipos para a conexión exterior da rede do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número:

Tres lotes:

Lote 1: comunicacións, direccións IP e xestión de zona DNS.

Lote 2: servidores.

Lote 3: equipos de comunicación e seguridade.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de entrega: dentro do prazo de quince días a partir do outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: sesenta e catro mil euros (64.000 A), incluído o IVE, dividido en tres lotes:

Lote 1: comunicacións, direccións IP e xestión de zona DNS, 24.000 A.

Lote 2: servidores, 18.000 A.

Lote 3: equipos de comunicación e seguridade, 22.000 A.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento do lote ó que se presente.

Definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG nº 161, do 14 de agosto de 2002).

b) Enderezo: rúa Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 55 13 00.

e) Telefax: 981 55 14 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras non comunitarias.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro dos catorce días naturais seguintes ó da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia (en horario de 9.30 a 14 h).

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG nº 161, do 14 de agosto de 2002).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Enderezo: rúa Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Enderezo: rúa Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó oitavo día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no Rexistro Xeral do Parlamento e publicados no BOPG nº 161, do 14 de agosto de 2002.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2002.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia