En cumprimento do disposto no artígo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, no artigo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias
en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación dos seguintes contratos:
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña; As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.
2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso.
3. Obxecto do contrato, número CPA:
Concurso: 144/2002.
Subministración de determinacións de luminiscencia.
Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica xuntado á documentación facilitada.
4. Data de adxudicación do contrato: 17-7-2002.
5. Criterios de adxudicación do contrato: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Ofertas recibidas: tres.
7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:
Lote nº 1: Química Farmacéutica Bayer, S.A.; r/ Calabria, 268; 08029-Barcelona (España).
Lote nº 2: deserto.
8. Prezo:
Lote nº 1: 1.182.396 A.
Lote nº 2: deserto.
9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:
10. Outras informacións:
11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:
BOE: 7-5-2002.
DOCE: 6-5-2002.
DOG: 25-4-2002.
12. Data de envío do presente anuncio: 31 de xullo de 2002.
13. Data de recepción do presente anuncio:
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña; As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.
2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso.
3. Obxecto do contrato, número CPA:
Concurso: 171/2002.
Subministración de determinacións de citometría de fluxo.
Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica adxuntado na documentación facilitada.
4. Data de adxudicación do contrato: 17-7-2002.
5. Criterios de adxudicación do contrato: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Ofertas recibidas: catro.
7. Nome e enderezo do provedor o provedores:
Lote nº 1: Becton Dickinson, S.A.; Camino de Valdeoliva, s/n; 28750 San Agustín del Guadalix-Madrid (España).
Lote nº 2: Innogenetics Diagnóstica y Terapéutica, S.A.U., r/ Botánica, 146; 08908 L'Hospitalet (Barcelona)-España.
Lote nº 3: Becton Dickinson, S.A.; Camino de Valdeoliva, s/n; 28750 San Agustín del Guadalix-Madrid (España).
8. Prezo:
Lote nº 1: 130.664,76 A.
Lote nº 2: 9.951 A.
Lote nº 3: 89.833,50 A.
9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:
10. Outras informacións:
11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:
BOE: 7-5-2002.
DOCE: 6-5-2002.
DOG: 25-4-2002.
12. Data de envío do presente anuncio: 31 de xullo de 2002.
13. Data de recepción do presente anuncio:
En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 23 de xullo de 2002.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complejo Hospitalario
Universitario Juan Canalejo da Coruña