Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.940

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE LALÍN

EDICTO (251/1997).

Pilar Pazos González, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de

Lalín fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo número 251/1997, por instancia de José Manuel González Rodríguez, representado en autos polo procurador Nistal Riádigos contra Enrique Souto López, declarado en situación de rebeldía procesual, e nas actuacións dos cales recaeu auto aclaratorio de sentencia, que ten como feitos e parte dispositiva, copiados literalmente, os seguintes:

«Auto.-En Lalín, vintecatro de xaneiro de dous mil dous.

Feitos. Primeiro.-Nas presentes actuacións dictouse sentencia de data once de xaneiro de dous mil dous, que ten como decisión o teor literal seguinte: «Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada nos presentes autos contra Enrique Souto López, facendo transo e remate dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó executante da suma de duascentas cincuenta e unha mil setecentas setenta (251.770) pesetas para cubri-lo principal e a de cento setenta e cinco mil pesetas (175.000), máis que se orzamentan para garantía do pagamento de xuros, gastos e custas causadas, sen prexuízo da que, en definitiva, resulte, as cales expresamente impoño á parte demandada».

Parte dispositiva. Decido: aclara-la sentencia de data once de xaneiro de dous mil dous, pasando a se-la súa decisión do teor literal seguinte: «Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada nos presentes autos contra Enrique Souto López, facendo transo e remate dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó executante da suma de duascentas cincuenta e unha mil setecentas setenta pesetas (251.770) máis os xuros, gastos e custas causadas, sen prexuízo da que, en definitiva resulte, as cales expresamente impoño á parte demandada». Notifíqueselle a presente resolución ás partes e únase a aquela á que sirva de aclaración formando parte desta. Así o acordo, mando e asino. A xuíza».

E como consecuencia do ignorado paradoiro ó demandado Enrique Souto López, declarado en rebeldía, esténdese o presente edicto para que sirva de notificación.

En Lalín, once de xullo de dous mil dous.

Pilar Pazos González

Secretaria xudicial

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE RIBEIRA