Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.940

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE CHANTADA

EDICTO (352/2001).

Denise Romero Barciela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Chantada (Lugo), certifico que nos autos que se dirá se dictou o seguinte auto, a parte dispositiva do cal é do teor literal seguinte:

«1. Apróbanse as operacións divisorias da herdanza dos finados Ramón Varela Diéguez e Filomena Lage Capón, realizadas polo contador José Manuel Salamo Otero, as cales se protocolizarán na notaría que corresponde por quenda.

2. Ofíciese ó decano do Colexio Notarial de Chantada para que participe o notario a quen por quenda corresponda a protocolización e coñecido, remítanselle as operacións divisorias e testemuño do presente auto.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo, o recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ó da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna».

E para que sirva de notificación ós interesados en ignorado paradoiro Elena, Jesús e Ramona Varela Lage, expido o presente edicto que asino en Chantada o 4 de xuño de 2002.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO

UN DE LALÍN