Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.939

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (37/2002).

Nos autos de xuízo de faltas número 37/2002, seguidos por instancia de Juan Manuel Muiño Sánchez, contra Víctor Manuel Baldomir Ferreño e Pablo Rodríguez Castro, sobre furto, dictouse con data do 10 de xullo de 2002, sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Xuízo de faltas número 37/2002.

«Sentencia número 161.

En Betanzos, 10 de xullo de 2002.

Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas número 37/2002, na que é denunciante Juan Manuel Muíño Sánchez e denunciados Víctor Manuel Baldomir Ferreño e Pablo Rodríguez Castro, tendo sido parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo declarar e declaro a libre absolución dos denunciados Víctor Manuel Baldomir Ferreño e Pablo Rodríguez Castro José, por non terse formulada acusación.

Declaro de oficio as custas devengadas.

Notifíqueselle esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación dentro do prazo dos cinco días seguintes á última notificación, a interpor neste mesmo órgano para a súa resolución polo maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, que por quenda corresponda constituído en tribunal unipersoal.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose o orixinal no libro de sentencias.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo e asínoo. Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG e para que sirva de notificación en forma ó denunciado Pablo Rodríguez Castro, con último domicilio coñecido en Uxes, 40, Murás, Arteixo, expídese este edicto en Betanzos, 11 de xullo de 2002.

O/A xuíz/a

Rubricado

A secretaria

Rubricado