Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.939

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (319/2001),

Nos autos de xuízo de faltas, número 319/2001, seguidos contra Carlos Alberto Fernández Cabrera e Manuel Valeiro Romero, sobre furto, dictouse con data do 10-7-2002, sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia nº 164.

En Betanzos, 10 de xullo de 2002.

Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas nº 319/2001, seguidos por unha falta de furto, na que son denunciantes axentes da Policía Local de Sada e denunciados Carlos Alberto Fernández Garaboa e Manuel Valeiro Romero, tendo sido parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Carlos Alberto Fernández Garaboa, como autor responsable dunha falta de furto do artigo 623.1º do Código penal, a unha pena dun mes de multa a razón de cota diaria de 1,50 euros, é dicir, a razón de 45 euros de multa, que no caso de falta de pagamento ou insolvencia dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria de 15 días de privación de liberdade, que poderán cumprir en réxime de arrestos de fin de semana no centro penitenciario que corresponda ou, se é o caso, mediante traballos en beneficio da comunidade, para o cal cada día de privación de liberdade equivalerá a unha xornada de traballo.

Que se declara a libre absolución de Manuel Valeiro Romero dunha falta de furto.

Condénase a Carlos Alberto Fernández Garaboa ó pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación dentro do prazo dos cinco días seguintes á última notificación, a interpor neste mesmo órgano para a súa resolución polo maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, que por quenda corresponda, constituído en tribunal unipersoal.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose o orixinal no libro de sentencias.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo e asínoo. Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG, e para que sirva de notificación en forma ó denunciado Manuel Valeiro Romero, co último domicilio coñecido en Sada, rúa Xeneral Franco, número 56-2º esquerda, expídese o presente edicto en Betanzos, 11 de xullo de 2002.

A xuíza

Rubricado

O/ secretario/a

Rubricado