Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2002 pola que se anuncia o concurso de ideas.

Obxecto: selección da mellor proposta, en forma de anteproxecto, para a adecuación do mercado de abastos ás novas necesidades, co fin de que o equipo gañador redacte un proxecto básico de rehabilitación do edificio, que faga as veces de plan director nas futuras intervencións.

O orzamento máximo de execución material necesario para desenvolve-las propostas non pode supera-los 3.606.072,63 euros.

Concursantes: poderán concorrer ó concurso arquitectos/as superiores en forma individual ou agrupados en equipos constituídos para o efecto, así como empresas de arquitectos/as e incluso equipos interdisciplinares sempre que, neste último caso, estean representados por un/unha arquitecto/a superior; que non se atopen incursos nalgunha das prohibicións para contratar coa Administración recollidas no artigo 20 do TRLCAP.

Documentación que hai que presentar: é a sinalada na cláusula 5 do prego de bases.

Admisión e data de presentación: poderán participar no concurso de ideas todas aquelas propostas que sexan presentadas no rexistro xeral do concello no prazo de noventa días naturais desde a última publicación destas bases no BOP e no DOG e que cumpran co resto das bases do concurso.

As propostas irán dirixidas ó alcalde do concello, e serán recoñecibles polo lema concurso de ideas para a remodelación da praza de abastos.

Premio: o xurado outorgará un primeiro premio que facultará o gañador para a adxudicación da asistencia técnica, consistente na redacción do proxecto básico das obras.

Así mesmo, o xurado poderá outorgar dous accésit de 3.005,06 euros cada un.

Consulta e documentación: Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2002.

Encarnación Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións