Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de acondicionamento do quiosco do paseo Alto da Ferradura, de acordo co proxecto elaborado polo arquitecto José Luis Pérez Franco.

Tipo de licitación: 126.031,32 A, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 3 meses contados a partir da data da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación : Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Clasificación: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3º.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: 2.520,63 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2002.

Encarnación Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións