Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002 pola que se anuncia a poxa que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento, mediante poxa por procedemento aberto, das parcelas 6 e 7 do proxecto de reparcelación do polígono 2 do SUP-5 da Choupana.

Orzamento de licitación: o prezo mínimo das parcelas obxecto de alleamento, que se entende como tipo de licitación, é o que segue:

Parcela nº 6: 1.268.073,84 euros, IVE incluído.

Parcela nº 7: 1.036.619,51 euros, IVE incluído.

Neste prezo non están incluídos os custos de urbanización, que serán por conta do/s adxudicatario/s nas condicións establecidas no prego de cláusulas económico-administrativas que rexe esta contratación.

O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realiza-las ofertas á alza.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas das 9 ás 14 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte á data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: 25.361,48 euros para a parcela número 6.

20.732 euros para a parcela número 7.

Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello (secretaría) ás 12 horas o segundo día hábil seguinte, non sábado, ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova; rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2002.

Encarnación Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións