Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 10 de xuño de 2002, aprobou inicialmente a delimitación e estudio de detalle da unidade de actuación número 27 (UA-27) do Plan Especial de Reforma Interior número 7 (PERI-7), promovido por Uneda 2000, S.L., adoptando como sistema de actuación o de cooperación.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º e 121.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), ós propietarios que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo

ANEXO

Ref. parcelaTitularSuperficie

PERICatastroDelimitaciónCatastroMedición

5367562920José Calvo PereiraElisa Vidal Fraga149,78

5377562921Manuel Valcárcel CumbreValcárcel Muebles

Montouto

231,44

5387562922Manuel Valcárcel CumbreJosé Mariño Fraga218,77

6267562923Descoñecido/Ricardo

Mariño e outros

Descoñecido10,53

7659301Uneda 2000, S.L.Santiago Veiga Docampo186,32

6257659302Uneda 2000, S.L.Luis Hermo Muras277,02

6247659303Uneda 2000, S.L.Uneda 2000, S.L.254,28

1.328,04