Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a coordinación do sistema de compras nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (S-243/2002).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 155, do 13 de agosto de 2002, cómpre face-la oportuna corrección:

No texto do anuncio, onde di: «4. Orzamento base de licitación: sesenta e catro mil euros (64.000 euros)», debe dicir: «4. Orzamento base de licitación: sesenta e catro mil trescentos euros (64.300 euros)».

Nota: esta corrección non afecta o prazo de presentación de proposicións previsto na resolución que se corrixe, sendo polo tanto o previsto nela.