Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicante.

a) Organismo: Concello de Abegondo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do servicio de escola infantil do Concello de Abegondo.

b) Lugar de execución: escola infantil en Santirso de Mabegondo.

c) Prazo de concesión: 4 anos sen prórrogas.

d) A execución do presente contrato de xestión de servicios non implica a execución de obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de subvención anual que se concederá ó adxudicatario: 30.050,60 euros.

5. Garantía provisoria: 3.005,06 euros.

6. Garantía definitiva: 6.010,12 euros.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Abegondo.

b) Domicilio: lugar de San Marcos.

c) Localidade e código postal: Abegondo, provincia da Coruña, CP 15318.

d) Teléfono: 981 64 79 96.

e) Telefax: 981 67 30 50.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación de solicitude de participación: o décimo día contado a partir da última publicación no xornal oficial, sexa no DOG ou no BOP.

b) Documentación que integrará as solicitudes de participación: sobre B, «Documentación», sobre C, «Referencias técnicas».

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral do Concello de Abegondo, Abegondo, provincia da Coruña, lugar de San Marcos, s/n, CP 15318.

9. Apertura da documentación presentada: ás doce horas do día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación.

10. Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. O prego de condicións queda exposto ó público na Secretaría do Concello de Abegondo, durante o prazo de 8 días, para os efectos previstos no artigo 122 do Decreto lexislativo 781/1986.

Abegondo, 1 de xullo de 2002.

O alcalde

Rubricado