Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/202).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T., C.T., Sahorta.

Situación: Muros.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 432 m de lonxitude, con orixe na liña Louro I-Louro II e final no C.T. Louro II, unha vez entre e saia do C.T. Sahorta, que se vai instalar.

Centro de transformación, no baixo da edificación, de manobra exterior de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na zona San Francisco. Concello de Muros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de xullo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña