Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 21 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, polo que se lle notifica a Ana Díaz Rodríguez a concesión de trámite de audiencia.

Polo presente anuncio, de conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle a Ana Díaz Rodríguez a concesión de trámite de audiencia, relativo á impugnación por Emilio Cañedo Seoane da Resolución do 27 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Persoal.

En consecuencia, ponse no seu coñecemento que o escrito de impugnación de Emilio Cañedo Seoane está de manifesto no despacho da Subdirección Xeral de Persoal, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, para que poida tomar

vista e alega-lo que estime procedente nun prazo de dez días, contados a partir da seguinte publicación do presente escrito no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 112 da citada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 29-7-2002)

José Eduardo López Pereira

Director xeral de Universidades