Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso público para a contratación do servicio de comedor escolar xestión indirecta con empresas hostaleiras para o curso 2002/2003.

1. Entidade adxudicataria: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato e orzamento base de licitación.

a) Descrición do obxecto e orzamento base de licitación. Prestación do servicio de comedor escolar nas condicións que se especifican nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas do centro escolar público que se relaciona e polo importe que se especifica:

1.IES Marco do Camballón código 36020386 (Pontevedra), 31.186,35 A.

b) Prazo de execución: curso escolar 2002/2003.

3.Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

5.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información). Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15704 Santiago de Compostela e delegacións provinciais da Consellería de Educación.

b) Teléfono: 981 54 44 61.

c) Telefax: 981 54 54 43.

d) Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=1625

5.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Enderezo: praza de Mazarelos, 14 Santiago de Compostela (A Coruña).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: exenta.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó de publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n. 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 79, RDL. 2/2000, do 16 de xuño, e 80, RD. 1098/2001, do 12 de outubro, do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admitirá a presentación de variantes.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra.

Datas.

Pontevedra: 10º día natural ás 10 horas contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Cando coincida en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios: a pro rata por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 29-7-2002)

Xesús Pablo González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística