Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2002 Páx. 12.833

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (132/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 132/2002, seguidos por instancia de Francisco José Cerviño Sánchez contra Jumaso 2000, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, na data 15-7-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que aceptando a demanda interposta por Francisco José Cerviño Sánchez debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 4.360,29 euros (725.492 pesetas) polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución neste sentido debo condenar e condeno a empresa Jumaso 2000, S.L. a que estando e pasando por tal declaración faga o pagamento ó demandante da cantidade de 4.360,29 euros (725.492 pesetas) polo concepto de salarios e liquidación.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, do seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBVA, conta

5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na conta 5602-65 e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Jumaso 2000, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Milagrosa, 101, Carballo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 15 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado