Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2002 Páx. 12.833

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación (466/2001).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón acordou citar a vostede, co fin de que o próximo día 4 de setembro ás 12,30 horas, asista na sala de vistas deste xulgado á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de estafa (623), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer no acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se intente valer (testemuñas, documentos, peritos,...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo que de non residir neste termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, recaendo sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar a outra persoa para que presente no dito acto

as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Padrón o dezanove de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

Antonio Amado Botana.

Domicilio: lugar do Monte do Carme, Carballo.

Resumo dos feitos obxecto da denuncia:

Feitos: falta de estafa (623).

Lugar: gasolineira, A Escravitude-Padrón.

Data: 28 de setembro de 2001.

Denunciante: José Antonio Vila González.