Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do estudio de detalle para ordenar volumes, reaxustar aliñacións e rasantes do SUNC-P8 Cantón de Cora, do Plan Xeral de Ordenación Municipal: aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 7 de agosto de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle para ordenar volumes, reaxustar aliñacións e rasantes do SUNC-P8 Cantón de Cora, do Plan Xeral de Ordenación Municipal, coas seguintes modificacións:

Punto 2.1.2.b, Rasantes.

-Onde di: «O proxecto de urbanización que se redacte para o ámbito poderá axustalas».

-Debe dicir: «O proxecto de urbanización adaptará, nos encontros das rúas existentes, as rasantes propostas no presente estudio de detalle ás existentes».

Punto 2.1.2.f. Voos.

-Onde di: «Autorizaranse voos abertos, terrazas, a partir das aliñacións, sobre as vías públicas e sobre os espacios libres, ata 1,00 da aliñación».

-Debe dicir: «Autorizaranse voos abertos, terrazas, a partir das aliñacións, sobre as vías públicas e sobre os espacios libres, ata 0,80 da aliñación».

Punto 2.3. Estudio comparativo.

-Deberá corrixir o erro tipográfico na superficie da vía no estudio de detalle, xa que segundo xustificación no punto 2.2.1 viais a superficie do mesmo interior ó ámbito é de 1.201,10 m. Polo tanto, onde di: «1,484,60 m», deberá dicir: «1.201,10 m».

-No plano 7 volumes. Esquemas deberá aclara-la configuración do baixo cuberta, xa que se amosan datos contradictorios no perfil e volume á rúa do edificio 1. Deberá reflectir o vixente artigo 84. Polo tanto, no perfil e volume á rúa onde di: «como distancia da cara superior do último forxado á liña de cornixa 1,80 m», deberá dicir «1,00 m». No perfil e volume espacios libres deberá aparecer o alzado do edificio 2. Deberán reflecti-las rasantes actuais.

-No documento para a aprobación definitiva deberá facerse constancia expresa do cumprimento da Lei 8/1997, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade autónoma de Galicia, e do Decreto 35/2000, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve.

As anteriores modificacións deberán plasmarse nun novo documento nun momento posterior, a requirimento desta Administración e con carácter previo ó trámite de aprobación definitiva do estudio de detalle.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.

Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 7 de agosto de 2002, acordou a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas ou usos determinados no devandito estudio de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se conten a tódolos propietarios afectados respecto dos cales non se puidese practica-la notificación.

Mugardos, 12 de agosto de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde