Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Acordo do 25 de xuño de 2002 polo que se anuncia poxa con procedemento aberto, trámite ordinario, para a contratación das obras de derruba parcial de edificación en camiño Bouciñas-Covelo.

Tipo de licitación: 5.604,59 euros, IVE incluído.

Fianzas: definitiva por importe do 4% do tipo.

Prazo de execución: dous meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, de 9 a 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Apertura de plicas: na casa do concello ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó de final do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na secretaría do concello, teléfono 986 77 00 01 e fax 986 77 12 77.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 20ª.

Poio, 28 de xuño de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde