Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 19 de xuño de 2002, aprobouse inicialmente o proxecto, prego de cláusulas administrativas particulares, así como a forma de adxudicación por procedemento aberto e pola forma de concurso, da contratación para a adquisición e obras necesarias da actualización do sistema de control de tráfico e transporte da cidade de Lugo. Para tal

efecto publícase o seguinte anuncio, consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a contratación para a adquisición, así como as obras necesarias para a actualización do sistema de control de tráfico e transporte da cidade de Lugo.

b) Prazo de entrega e execución: o prazo máximo para a fabricación, entrega, instalación e execución da obra civil será de oito meses, contados a partir da sinatura da acta de comprobación da implantación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudiación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O prezo máximo do contrato fíxase en 491.726,63 euros.

5. Garantías.

Provisionais: 9.843,53 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o final do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 2 de setembro de 2002.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o día 13 de setembro de 2002.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: correrán por conta do adxudicatario.

Lugo, 15 de xullo de 2002.

Luis Regal Pavón

Secretario xeral

Visto e prace

P.D. (Decreto 60/1999)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de area