Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia de clave AT/123 e catro máis

a) Consultoría e asistencia.

-Título: redacción do proxecto de construcción das obras de rede de colectores do río Mesoiro (concello da Coruña).

Clave: AT/123.

Orzamento: cincuenta e seis mil seiscentos cincuenta e un euros e sesenta e dous céntimos (56.651,62 A)

Prazo de execución: catro (4) meses.

Solvencia: artigos 16, letra a), e 19, letras a), b) e e), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: redacción do proxecto de construcción das obras de mellora dos colectores na Ponte da Pedra (concello da Coruña).

Clave: AT/124.

Orzamento: trinta e tres mil catrocentos corenta e oito euros e corenta e sete céntimos (33.448,47 A).

Prazo de execución: catro (4) meses.

Solvencia: artigos 16, letra a), e 19, letras a), b) e e), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: redacción do proxecto de construcción das obras de melloras no saneamento de San Roque (concello da Coruña).

Clave: AT/125.

Orzamento: corenta e catro mil douscentos vintecinco euros e vinteseis céntimos (44.225,26 A).

Prazo de execución: catro (4) meses.

Solvencia: artigos 16, letra a), e 19, letras a), b) e e), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: redacción do proxecto de construcción das obras de ampliación e acondicionamento da rede de colectores na área de influencia do porto da Coruña (concello da Coruña).

Clave: AT/126.

Orzamento: sesenta e tres mil setecentos noventa e tres euros e oitenta e un céntimos (63.793,81 A).

Prazo de execución: catro (4) meses.

Solvencia: artigos 16, letra a), e 19, letras a), b) e e), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: redacción do plan sectorial de saneamento da ría de Pontevedra.

Clave: AT/127.

Orzamento: douscentos oitenta e nove mil euros e cincuenta e catro céntimos (289.000,54 A).

Prazo de execución: dez (10) meses.

Solvencia: artigos 16, letra a), e 19, letras a), b) e e), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de bases estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos; Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (rúa Doutor Maceira nº 18, Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 56 09 10/981 56 09 11. Fax: 981 56 07 91).

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación, e en Copy Estudio (rúa Nova de Abaixo nº 19-21, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85).

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no epígrafe a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislaltivo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do oitavo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica na cláusula 2.2.6, constitución e funcionamento da mesa de contratación, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes.

Segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características do contrato.

i) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2002.

Juan Ignacio Niño Taboada

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos