Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte Chaira, Navedos, Outeiro de Laixas, integrado por cinco parcelas (Ladeiriña, Mazairas, Outeiro das Míllaras e Fraga), a favor dos veciños do lugar da parroquia de Boazo, no concello da Teixeira.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o vintenove de maio de dous mil dous, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado Chaira, Navedos, Outeiro de Laixas, integrado por cinco parcelas (Ladeiriña, Mazairas, Outeiro das Míllaras e Fraga), por solicitude dos veciños de Boazo, do concello da Teixeira (Ourense).

Resultando que con data 28 de xuño de 1999 tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, asinado polos veciños do lugar de Boazo, concello da Teixeira (Ourense), solicitando que se declare o monte Chaira, Navedos, Outeiro de Laixas, integrado por cinco parcelas (Ladeiriña, Mazairas, Outeiro das Míllaras e Fraga) como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, en sesión celebrada en data 22 de marzo de 2000, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte, designando instructores a Manuel Bouzas Costa e Miriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade da Pobra de Trives, e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do lugar de Boazo, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello da Teixeira, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro, e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello da Teixeira, durante o prazo dun mes, segundo consta en dilixencia anotada ó dorso do edicto polo secretario

do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade da Pobra de Trives como segue:

Asento número 1.118, do diario 19, así como a súa corrección presentada baixo o nº 1.172, letra A.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, segundo o teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2. Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado;

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4. Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable;

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do lugar da parroquia de Boazo, no concello da Teixeira

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños do lugar da parroquia de Boazo están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que segundo o teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños de Boazo, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado Chaira, Navedos, Outeiro de Laixas, integrado por cinco par

celas (Ladeiriña, Mazairas, Outeiro das Míllaras e Fraga), de 58 ha 54 a, aproximadamente en conxunto de superficie a favor dos veciños da parroquia de Boazo, no concello da Teixeira (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, coma veciñal en man común en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: A Teixeira (Ourense).

Denominación: monte integrado polos denominados Chaira, Navedos, Outeiro de Laixas, integrado por 5 parcelas (Ladeiriña, Mazairas, Outeiro das Míllaras e Fraga).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Boazo.

Superficie: 58 hectáreas y 54 áreas en conxunto, aproximadamente.

Monte denominado: Chaira.

Superficie: 42,7 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de José Antonio Rodríguez Caneda (parcela do catastro nº 203) e outras propiedades.

Sur: termo municipal de Montederramo e propiedades particulares de Teresa Enríquez Álvarez e 6 máis (parcela do catastro nº 390) e outras propiedades.

Leste: estrada de Alenza a Boazo e propiedades particulares de Germán Fernández Rodríguez e 1 máis (parcela do catastro nº 311) outras propiedades.

Oeste: propiedades particulares de Felipe Rodríguez Cid (parcela do catastro nº 236), e outras propiedades.

Monte denominado: Navedos.

Superficie: 10,1 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Luz Pérez Parente (parcela do catastro nº 257b), e outras propiedades.

Sur: termo municipal de Montederramo e propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares de David Cid Cid (parcela do catastro nº 357) e outras propiedades.

Oeste: regato, propiedades particulares de Antonio Armesto López (parcela do catastro nº 254) e outras propiedades.

Monte denominado: Ladeiriña.

Superficie: 1,5 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Remedios Iglesias Álvarez (parcela do catastro nº 29), Gerardo

Crespo Fernández (parcela de catastro nº 35) e outras propiedades.

Sur: propiedade particular de Germán Fernández Rodríguez (parcela do catastro nº 206).

Leste: propiedades particulares de Pura Rodríguez Rodríguez (parcela do catastro nº 171) e outras propiedades.

Oeste: propiedades particulares de Asunción Pumar Vázquez (parcela do catastro nº 165) e outras propiedades.

Monte denominado: Outeiro de Laixas, integrado por 5 parcelas.

Superficie: 3,1 hectáreas en conxunto, aproximadamente.

Parcela nº 1:

Superficie: 0,96 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: propiedade particular de Concepción González Méndez (parcela do catastro nº 12).

Leste: propiedades particulares de Concepción Pérez Parente (parcela do catastro nº 9) e outras propiedades.

Oeste: camiño e propiedade particular de Dolores Armesto López (parcela do catastro nº 11).

Parcela nº 2:

Superficie: 1,65 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: Outeiro de Laixas 4 (parcela do catastro nº 17) e propiedade particular de Eloína Prieto Rodríguez (parcela do catastro nº 44b).

Leste: propiedades particulares de Isolina Pumar Álvarez (parcela do catastro nº 13), Dolores Armesto López (parcela do catastro nº 11) e outro propietario.

Oeste: camiño, Outeiro de Laixas 4 (parcela do catastro nº 17), Outeiro de Laixas 3 (parcela de catastro nº 199 e propiedade particular de María Concepción Álvarez Lamelas (parcela do catastro nº 387).

Parcela nº 3:

Superficie: 0.2 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedade particular de María Concepción Álvarez Lamelas (parcela do catastro nº 387).

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Oeste: propiedade particular de Luis Fernández Prieto (parcela do catastro nº 21) e propiedade particular de María Concepción Álvarez Lamelas (parcela do catastro nº 387).

Parcela nº 4:

Superficie: 0,25 hectáreas.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: propiedade particular de María Concepción Álvarez Lamelas (parcela do catastro nº 42a).

Leste: parcela nº 2 (parcela do catastro nº 26).

Oeste: camiño, parcela nº 5 (parcela do catastro nº 18), parcela nº 3 (parcela do catastro nº 19).

Parcela nº 5:

Superficie: 0,04 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: propiedade particular de Gerardo Crespo Fernández (parcela do catastro nº 35) e outra propiedade.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Monte denominado: Mazairas.

Superficie: 2,4 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedade particular de Álvarez Fernández Rodríguez (parcela do catastro nº 6) e camiño.

Sur: propiedade particular de Santos Rodríguez Rodríguez (parcela do catastro nº 71), propiedade particular de Concepción González Méndez (parcela o catastro nº 12) e outras propiedades.

Leste: propiedades particulares de Germán Fernánez Rodríguez (parcela do catastro nº 74) e outras propiedades.

Oeste: propiedades particulares de Concepción Pérez Parente (parcela do catastro nº 9) e outras propiedades.

Monte denominado: Míllaras.

Superficie: 11,4 hectáreas aproximadamente.

Estremas:

Norte: estrada local Alenza-Boazo.

Sur: propiedade particular dos herdeiros de Teodoro Rodríguez Fernández e outras propiedades.

Leste: estrada local Alenza-Boazo.

Oeste: propiedades particulares de Domingo Rodríguez Lorenzo e outras propiedades.

Monte denominado: Fraga.

Superficie: 11,4 hectáreas.

Estremas:

Norte: regato e termo municipal de Castro Caldelas.

Sur: propiedade particular de Guillermo Prieto Rodríguez e outras propiedades.

Leste: propiedades particulares de Mercedes Rodríguez Pumar (parcela do catastro nº 22) e outras propiedades.

Oeste: regato, propiedades particulares de herdeiros de Manuel Rodríguez Álvarez (parcela do catastro nº 44), Jesús González Fernández (parcela do catastro nº 48), Dolores Rodríguez González (parcela do catastro nº 52) e outras propiedades.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello da Teixeira, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común se fai público no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento.

Ourense, 29 de maio de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común