Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.215.514 e once máis.

a) Obra.

-Título: mellora do actual abastecemento a Buño (Malpica de Bergantiños e Ponteceso-A Coruña).

Clave: OH.215.514.

Orzamento: cento vinteoito mil seiscentos catro euros e vintesete céntimos (128.604,27 A).

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: dotación de servicios na estrada comarcal C-533 e enlace na rúa Oseira (Rodeiro-Pontevedra).

Clave: OH.536.498.

Orzamento: douscentos vintecinco mil catrocentos trinta e seis euros e cincuenta e cinco céntimos (225.436,55 A).

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: captación, impulsión, abastecemento de augas a Lardeiros de Medín, 2ª fase, Medín, Pastor (O Pino-A Coruña).

Clave: OH.215.525.

Orzamento: cinconcentos oitenta e sete mil cincocentos cinco euros e vintesete céntimos (587.505,27 A).

Prazo de execución: trinta (30) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: desdobramento da rede de saneamento das Neves (As Neves-Pontevedra).

Clave: OH.336.477.

Orzamento: cincocentos oitenta e dous mil setecentos vintenove euros e cincuenta e oito céntimos (582.729,58 A).

Prazo de execución: corenta e dous (42) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: abastecemento de auga a Corvelle (A Pastoriza-Lugo).

Clave: OH.227.341.

Orzamento: seiscentos noventa e un mil cento sesenta e tres euros e noventa e dous céntimos (691.163,92 A).

Prazo de execución: corenta (40) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c); grupo K, subgrupo 8, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: mellora do abastecemento de auga en Arneiro e A Veiga do Pumar (Cospeito-Lugo).

Clave: OH.227.309.

Orzamento: trescentos vinteseis mil setecentos setenta e oito euros e corenta e oito céntimos (326.778,48 A).

Prazo de execución: trinta (30) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: abastecemento de auga en Vilar (Mondariz-Pontevedra).

Clave: OH.236.430.

Orzamento: trescentos cincuenta e seis mil cincocentos setenta e cinco euros e vintenove céntimos (356.575,29 A).

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: EDAR e colectores en Touro (Touro-A Coruña).

Clave: OH.315.524.

Orzamento: catrocentos catorce mil cincocentos noventa e tres euros e vinte céntimos (414.593,20 A).

Prazo de execución: corenta (40) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: saneamento no núcleo do Burgo (Muras-Lugo).

Clave: OH.327.337.

Orzamento: sesenta mil cento un euros e vinteún céntimos (60.101,21 A).

Prazo de execución: dous (2) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: renovación das redes de saneamento, abastecemento e pluviais na capitalidade de Maside (Ourense).

Clave: OH.532.407.

Orzamento: un millón trescentos setenta mil trescentos sete euros e sesenta céntimos (1.370.307,60 A).

Prazo de execución: corenta e dous (42) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: ampliación da rede de abastecemento de auga a núcleos diversos de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Clave: OH.236.506.

Orzamento: seiscentos oitenta e un mil cento corenta euros e oitenta e seis céntimos (681.140,86 A).

Prazo de execución: corenta e dous (42) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: conducción de abastecemento e depuración en Vilamartín de Valdeorras e Córgomo-Valdegodos (Vilamartín de Valdeorras-Ourense).

Clave: OH.232.404.

Orzamento: cincocentos noventa mil setecentos noventa e catro euros e noventa e un céntimos (590.794,91 A).

Prazo de execución: corenta e dous (42) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c); grupo K, subgrupo 8, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán de manifesto e ó dispor dos

concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos; Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (rúa Doutor Maceira nº 18, Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 56 09 10/981 56 09 11. Fax: 981 56 07 91).

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación, e en Copy Estudio (rúa Nova de Abaixo nº 19-21, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85).

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no epígrafe a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica na cláusula 2.2.6, constitución e funcionamento da mesa de contratación, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes.

Segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características do contrato.

i) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2002.

Juan Ignacio Niño Taboada

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos