Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.788

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (370/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres e funcións do Social número catro da

Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 370/2002, por instancia de Jorge Blanco Novio, contra Cegape, S.L. e Grupo Casteleiro, S.L. sobre despedimento, nos que se dictou sentencia con data 16-7-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Jorge Blanco Novio contra a empresa Cegape, S.L. e Grupo Casteleiro, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado a demandante na data 8-4-2002 e condeno a demandada a que no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou o pagamento da cantidade de 714,77 euros (118.928 pesetas) en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución a razón de 31,85 euros diarios (5.300 pesetas/día).

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de promovelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o comprobante de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o comprobante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso declarándose o mesmo desistido de non constituírse o depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cegape, S.L. e Grupo Casteleiro, S.L., expido e asino a presente na Coruña, o 16 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado