Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.788

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (414/2001).

María Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 414/2001 se dictou a seguinte cédula de citación:

O/a xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vostede Roberto Rey Cortés con DNI nº 32779482, a fin de que o próximo día 24 de setembro ás 10.15 horas asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por coaccións e intento de atropelo, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer no acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se tente valer (testemuños, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, ben que este non é preceptivo.

Apercíbese de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recaerá sobre vostede o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente nese acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de citación a... Roberto Rey Cortés, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o 15 de xullo de 2002.

O/a secretario/a

Rubricado