Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.787

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO SOCIAL-SECCIÓN CUARTA)

EDICTO (289/2001).

Ana López-Medel Bascones, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, sección cuarta, fago saber que nesta sala se segue o recurso de casación para a unificación de doutrina número 289/2001, interposto por María Dolores

Álvarez González e outros, contra grupo empresarial Ence, S.A. e outros, foi dictada a seguinte resolución:

«Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Sala do Social, sección cuarta.

R.C.U.D. número 289/2001. R.S. número 3.028/2001. Autos número 446/1998 M-4.

Cédula de notificación e emprazamento.

No recurso de casación para a unificación de doutrina referenciado á marxe, interposto pola parte demandada grupo empresarial Ence, S.A. e sendo parte recorrida Mª Dolores Álvarez González e outros e o Ministerio Fiscal, dictouse a seguinte providencia:

Sr. Luelmo Millán.

Presidente.

Sr. Gilolmo López.

Sra. Ureste García.

En Madrid o 9 de maio de 2002.

Tense por preparado en tempo e forma pola parte demandada no procedemento recurso de casación para a unificación de doutrina, contra a sentencia dictada neste proceso. Iníciase peza separada co escrito de preparación do citado recurso. E segundo o establecido no artigo 206 da vixente Lei de procedemento laboral, emprácese as partes para compareceren persoalmente ou por medio de avogado ou representante perante a Sala do Social do Tribunal Supremo para usaren do seu dereito no prazo de quince días hábiles e no prazo de vinte días, proceda a interpor recurso, contando ámbolos prazos desde a data de notificación desta cédula, e, verificado, remítanse as actuacións dentro dos cinco días seguintes ó do emprazamento con atento oficio ó dito alto tribunal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Na súa virtude, para que sirva de notificación e emprazamento á parte a quen por medio desta cédula emprazo para que, no prazo de quince días, compareza perante a Sala do Social do Tribunal Supremo a facer uso do seu dereito en virtude do recurso de casación interposto, expido esta cédula en Madrid e coa mesma data da resolución dictada.

O secretario

Rubricado»

E para que sirva de notificación a Adolfo Asaur Aydillo, Fernando Basurco García-Casal, José Luis Francisco Fuentes e Manuel Otero Fortes, actualmente en domicilio descoñecido ou ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula en Madrid o 17 de xullo de 2002.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS