Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da Alcaldía do 12-7-2002 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la execución das obras de pavimentación de camiños municipais en Redondela: Cesantes, Cedeira e Quintela (PAM/2002), exponse ó público polo prazo de 8 días contados a partir do seguinte hábil ó da derradeira publicación deste anuncio, ben no BOP ben no Diario Oficial de Galicia.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, se ben que a licitación se adiará canto resulte necesario, no suposto de se formularen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación de camiños municipais en Redondela: Cesantes, Cedeira e Quintela (PAM/2002).

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 186.403,36 A.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Redondela (negociado de urbanismo).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría C, agás o disposto no artigo 25.2º da LCAP para os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio, ben no BOP ben no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrase en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

O modelo de proposición axustarase á cláusula III.2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 15 de xullo de 2002.

Emilio González Iglesias

Alcalde accidental