Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO de licitación.

Por decreto da Alcaldía do 13 de agosto de 2002, acordouse estima-las alegacións interpostas ó prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento para contratación das obras que se indican, anunciadas no BOP nº 151, do 3 de xullo de 2002 e no DOG nº 144, do 29 de xullo de 2002. Consonte con isto, modificouse o punto 2 da base XXI do prego aprobado o pasado 24 de xuño de 2002, o cal queda redactado como segue: «A valoración que a mesa de contratación realice das obras de características similares efectuadas polos licitadores, ben sexa para as administracións públicas ou para as empresas privadas, valoraranse de 0 a 8 puntos».

Así mesmo e consonte o anterior, vólvese anuncia-lo concurso, conforme o prego de condicións aprobado anteriormente coa corrección sinalada do punto 2 da base XXI.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Toén, Ribadela, 1. 32930 Toén (Ourense).

2. Obxecto do contrato: obras de saneamento e abastecemento Toén-Moreiras-Alongos-Puga, de acordo co prego de cláusulas administrativas e

proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes e aprobado pola Alcaldía con data do 28 de maio de 2002.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 100.168 A, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de información e documentación: na Secretaría do Concello de Toén, Ribadela, 1. 32930 Toén (Ourense). Teléfono: 988 26 10 74. Fax: 988 26 12 72.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas, aprobado por Decreto do 24 de xuño de 2002 e modificado por Decreto do 13 de agosto de 2002.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo do lugar: no rexistro xeral do Concello de Toén, durante 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns en que apareza (BOP ou DOG), de 9 a 14 horas, de luns a venres. Encóntrase o proxecto técnico na Copistería Copyplaza, S.L., sita na praza Maior de Ourense, nº 8, así como o prego de condicións que rexerán a contratación para efectos de obtención de copias.

b) Documentación que hai que presentar:

Proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de saneamento e abastecemento Toén-Moreiras-Alongos-Puga, nº 230/8/02, del POL 2002, polo procedemento aberto mediante concurso, convocado polo Concello de Toén.

Constarán de dous sobres pechados A e B, que conterán a documentación sinalada na cláusula XVIII do prego de condicións administrativas particulares, denominados:

Sobre A) documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada.

Sobre B) oferta económica e criterios diferentes ó do prezo.

9. Apertura de ofertas: ás trece horas do segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, considerándose para este caso inhábil o sábado.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Toén, 14 de agosto de 2002.

O alcalde

Rubricado