Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO da alcaldía.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez, alcalde-presidente do Concello de Ourense, dá traslado da comunicación para a súa publicación no DOG.

O Concello en Pleno, na sesión extraordinaria, en substitución de ordinaria, do día 11 de xaneiro do ano 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobación inicial, se procede, dos estatutos do Consello Municipal de Servicios Sociais.

O Concello en Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Crea-lo Consello Municipal de Servicios Sociais, e

2. Aprobar inicialmente os estatutos do Consello Municipal de Servicios Sociais.

De acordo co previsto no artigo 49 da Lei 7/1984, de réxime local, modificado pola Lei 11/1999, do 21 de abril, foi publicado o texto íntegro no BOP do venres, 3 de maio de 2002, durante o prazo de 30 días, co obxecto de que fosen presentadas reclamacións e suxestións que non se produciron, polo que quedou aprobado definitivamente o Consello Municipal de Servicios Sociais.

Ourense, 8 de xullo de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente