Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEGREIRA

ANUNCIO.

O Concello de Negreira, en sesión plenaria celebrada o día 11 de xullo de 2002, prestou aprobación inicial á 3ª modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Negreira. Na mesma sesión acordouse a suspensión de licencias

municipais naquelas zonas do termo municipal obxecto desta modificación cando as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

Pola presente, a referida modificación sométese a información pública polo prazo dun mes para efectos de exame e reclamación.

Negreira, 16 de xullo de 2002.

José Blanco Pazos

Alcalde