Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

RECTIFICACIÓN de anuncio de licitación de contratos de obras.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria celebrada o 10-7-2002, acordou resolver favorablemente o recurso de reposición interposto pola Federación Galega da Construcción (R.E. nº 1874/2002 do 5 de xullo) contra acordo do citado órgano de aprobación do expediente de contratación das obras do Parque do Campo do Rollo, e, por conseguinte, proceder á publicación do seguinte anuncio, con expresión dos puntos modificados do inicialmente publicado no Diario Oficial de Galicia nº 124/2002, do 28 de xuño (páxina 10.123) e no BOP nº 141/2002, do 21 de xuño (páxina 5.481).

(...).

5. Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

-Solvencia: segundo prego de cláusulas administrativas particulares (...).

De conformidade co disposto no artigo 75 do R.D. 1068/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, o inicio do cómputo do prazo

para a presentación de proposicións previsto no punto 6 dos citados anuncios iniciais comezará a contar a partir do último publicado correspondente á rectificación operada pola resolución favorable do recurso de reposición. Permanecen vixentes, pero referidos ó novo prazo outorgado, o resto dos requisitos, condicións e prazos publicados nos anuncios de licitación inicial.

Corcubión, 16 de xullo de 2002.

Alfredo Benigno González García

Alcalde-presidente en funcións