Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 6-8-2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización de actuación industrial Curtis-Teixeiro no ámbito do Plan parcial aprobado definitivamente o 18 de outubro de 2001.

De conformidade co artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito proxecto estará exposto ó público na secretaría, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel no que apareza a última publicación do presente anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou no xornal La Voz de Galicia, para os efectos de información pública.

En Curtis, 13 de agosto de 2002.

Javier Caínzos Vázquez

Alcalde