Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

ANUNCIO de licitación.

1. Unidade adxudicadora:

Concello de Boqueixón.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: o contrato ten por obxecto a xestión do servicio público do centro de atención á primeira infancia de Boqueixón na modalidade de concesión administrativa.

b) Prazo de execución: ata o 31 de xullo de 2004 prorrogable ata o máximo establecido no artigo 157 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de acordo co prego de cláusulas aprobado polo pleno en sesión celebrada o día 10 de xullo de 2002. O prego sométese a información pública xuntamente coa convocatoria de licitación, que se adiará no suposto de se formularen reclamacións contra el no prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día coincide en domingo ou festivo, prorrogarase ó seguinte día hábil.

4. Subvención do concello ó concesionario:

O importe que solicite na oferta económica o adxudicatario.

5. Garantía:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: vixésimo primeiro día hábil seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, de luns a venres, ou a

través de calquera dos medios establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

c) Documentación necesaria: a sinalada no prego de cláusulas.

7. Apertura de plicas:

Ás 12 horas do sétimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións terá lugar o acto público de apertura de proposicións económicas. De coincidir en sábado a apertura, esta terá lugar ó seguinte día hábil.

Previamente (o terceiro día hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións) a mesa procederá á apertura do sobre B de documentación e cualificará os documentos presentados en tempo e forma.

8. Modelo de proposición e sobre:

Os sinalados no prego de cláusulas.

9. Obtención da documentación:

Concello de Boqueixón.

Teléfono: 981 51 30 52.

Fax: 981 51 30 00.

10. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Boqueixón, 17 de xullo de 2002.

José Manuel Martínez García

Alcalde-presidente en funcións