Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Vences-Estevesiños-Nocedo do Val (Monterrei e Castrelo do Val, Ourense), devolta polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administra-

cións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por el mesmo, Francisco Rodríguez Camba, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Vences-Estevesiños-Nocedo do Val (Monterrei e Castrelo do Val, Ourense).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Francisco Rodríguez Camba.

Domicilio: rúa Casal Aboy, 15-2º esquerda, Tui (Pontevedra).

Texto: «Desestima-lo recurso que, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Vences-Estevesiños-Nocedo do Val (Monterrei e Castrelo do Val, Ourense), interpuxo Francisco Rodríguez Camba, propietario número 848.

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra esta cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente resolución, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles os interesados na forma prevista na lexislación vixente».

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO