Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/473-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Nicaragua, 10-3º esqda., 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Bouzas-Sofán.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.092 m de lonxitude e en conductor LA-30, que parte do C.T. Troián e final no C.T. que ese construirá no lugar das Bouzas-Sofán de 50 kVA. Concello de Carballo.

O expediente someteuse ós trámites na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285) e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións eléctricas.

Por esta delegación provincial comprobouse que as instalacións eléctricas non incurren en ningunha das limitacións contempladas no artigo 57.a da Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto a modificación no trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.b da citada lei nin no artigo 161 do mencionado real decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreta, as devanditas instala

cións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 19 de xullo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL