Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. da Cruz do Lobo, no concello de Barreiros. (Expediente 13/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxías eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

-Peticionario: BEGASA.

-Finalidade: mellora-la infraestructura eléctrica existente na zona.

-Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea, con orixe na L.M.T. ó C.T. As Eiras e remate no C.T. proxectado da Cruz do Lobo, de 738 metros de lonxitude, a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-110.

2. Centro de transformación de intemperie da Cruz do Lobo de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea da Cruz do Lobo, de 140 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, as alegacións por escrito que estimen oportunas, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 8 de xullo de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liña: L.M.T. a C.T. da Cruz do Lobo.

Provincia: LugoConcello: Barreiros

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoSuperficie

ocupada

m

Lonxit. mSuperficie

afectada

m

1BAs EirasPrCarlos SalgadoAvfrooselbt, 12, París, 75008 0 40

2As EirasPrDescoñecidoDescoñecido13245

3As EirasPrDescoñecidoDescoñecido29464

5As EirasPrRamón González BarbeitoAs Eiras, 28, Barreiros, C.P. 27790 9169

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoSuperficie

ocupada

m

Lonxit. mSuperficie

afectada

m

14FabegaPrEugenio Blanco de CórdobaDescoñecidoœ (3)1 0268

15FabegaPrJacobo Pérez GándarasPaseo de Goya, 21, Móstoles, C.P. 2893230481

17Cruz do LoboPrFrancisco CalazaVilar, 15, Barreiros, C.P. 2779052,538871

23Cruz do LoboMaFrancisca Rocha PalmeiroViladaíde, 35, Barreiros, C.P. 2779011179

26Cruz do LoboPrJosé Ramalleira VázquezAs Eiras, Barreiros, C.P. 2779010326