Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.740

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (965/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 965/2001 por instancia de Margarita Jove Castelo contra Quintino dos Santos, S.L. sobre salarios nos que se dictou sentencia en data 27-6-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda promovida por Margarita Jove Castelo contra a empresa Quintino dos Santos, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboará á demandante a cantidade de 3.402,51 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda. Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncia-lo recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o comprobante de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen

este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débense consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o comprobante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose o mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación á empresa Quintino dos Santos, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 8 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA