Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2002 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do contrato de asistencia técnica para o servicio de mantemento de electrónica de comunicacións da rede corporativa da Xunta de Galicia.

Mediante resolución o secretario xeral, actuando no nome do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 18 de decembro de 2001, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

Contratación do servicio de mantemento de electrónica de comunicacións da Xunta de Galicia, convocado mediante concurso público por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 10 de maio de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 97, do 22 de maio.

Adxudicatario: Sistemas Avanzados de Tecnoloxía, S.A.

Importe: 273.461 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública