Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.740

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (372/2000).

María del Carmen Sobrado Prado, secretaria da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, certifico que na peza de apelación civil número 372/2000, dimanante de autos de xuízo executivo número 301/1998 se dictou sentencia en segunda instancia:

«A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, constituída polos maxistrados Juan Manuel Lojo Aller, presidente, José Ferrer González e Inmaculada de Martín Velázquez, pronunciaron en nome de El-Rei a seguintes sentencia:

En Vigo (Pontevedra) a 27 de xuño de 2002,

Visto en grao de apelación perante esta sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, os autos de xuízo executivo 301/1998, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Vigo, ós que correspondeu a peza 372/2000, nos que aparece como parte apelante-demandante Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Madrid, representado polo procurador Andrés Gallego Martín-Esperanza, e asistido polo letrado Miguel Fernández Pedrera, e como apelado-demandado, María Luisa Velasco Zamorano, Pedro Velasco Hita, María del Rosario Zamorano Rojo, representados pola procuradora María Jesús Valencia Ulloa e asistido polo letrado sr. Sánchez Babio e Vicente Donato Torres Gago, sobre reclamación de cantidade, e sendo maxistrada relatora Inmaculada de Martín Velázquez, quen expresa o parecer da sala.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decidimos:

Que, desestimando o recurso de apelación formulado polo procurador sr. Gallego Martín Esperanza, en nome de Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Madrid, contra a sentencia do 25 de abril de 2000 dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número tres dos de Vigo, no xuízo executivo número 301/1998 (R.A. 372/2000) confirmamos esa resolución e impómo-las custas desta alzada á parte.

Notifíquese esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, que avisará da recepción.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, por esta miña sentencia».

E para que conste e sirva de cédula de notificación da sentencia a Vicente Donato Torres Gago, actualmente en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Vigo (Pontevedra) o 10 de xullo de 2002.

Rubricado