Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 17 de xullo de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Manual de procedementos de atención primaria.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma

de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado, e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada polo Sergas e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

-Manual de procedementos de atención primaria: 6 euros.