Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.730

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 13 de agosto de 2002 pola que se modifica a do 28 de maio de 2002 pola que se establecen as indemnizacións por sacrificio obrigatorio dos animais como consecuencia da declaración oficial da existencia da enfermidade encefalopatía esponxiforme bovina.

-A declaración oficial da existencia da enfermidade encefalopatía esponxiforme bovina. realizada por Orde do 22 de novembro de 2000. implica, de conformidade co disposto no artigo 2.2º do Real decreto 2459/1996, do 2 de decembro, a aplicación das medidas xerais e específicas recollidas na lexislación comunitaria, a Lei e o Regulamento de epizootias e demais normas concordantes.

De conformidade co artigo 146 do Regulamento de epizootias, do 4 de febreiro de 1955, a presentación desta enfermidade supón o sacrificio obrigatorio dos animais enfermos e sospeitosos das especies receptibles. Por outra banda, o artigo 149 do mesmo texto establece as correspondentes indemnizacións como consecuencia da obrigatoriedade do sacrificio destes animais.

O Real decreto 3454/2000, do 22 de decembro, polo que se establece e regula o Programa integral coordinado de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles dos animais, no seu artigo 9, establece que o sacrificio dos animais, por sospeita e/ou confirmación destas enfermidades, dará dereito a unha indemnización por sacrificio obrigatorio de acordo cos baremos oficialmente establecidos.

Así, foi publicada a Orde do 28 de maio de 2002 pola que se establecen as indemnizacións por sacrificio obrigatorio dos animais como consecuencia da declaración oficial da existencia da enfermidade encefalopatía esponxiforme bovina.

A tramitación dos expedientes de indemnización faina de oficio a Administración a medida que se

realizan os sacrificios de animais, o que implica que non se emprega a totalidade do crédito retido de forma inmediata. Dado que é preciso dispoñer de crédito orzamentario para atender outros gastos derivados da encefalopatía esponxiforme bovina, mentres non se reciben outras achegas económicas, cómpre modifica-lo importe da retención de crédito para o financiamento das indemnizacións.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 4 da Orde do 28 de maio de 2002 pola que se establecen as indemnizacións por sacrificio obrigatorio dos animais como consecuencia da declaración oficial da existencia da enfermidade encefalopatía esponxiforme bovina, que queda redactado tal e como segue:

«As indemnizacións establecidas nesta orde aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.03.613-A.470.0, Compensacións por encefalopatías esponxiformes, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, cun importe de 811.771 euros, que podería verse incrementado con sucesivas achegas doutras administracións.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e

Desenvolvemento Rural