Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.683

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de xullo de 2002 pola que se resolve a cesión de material de excarceración, para misións de protección civil.

Por Orde do 3 de maio de 2002 (DOG nº 93, do 15 de maio), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de material de excarceración, para misións de protección civil.

Os servicios provinciais de Protección Civil unha vez analizadas as solicitudes e a súa documentación, emitiron o correspondente informe técnico, segundo se indica no artigo 5º da Orde do 3 de maio, que foi tido en conta pola comisión de avaliación para face-la proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 7º da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231 A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, a cesión en propiedade de equipos de excarceración, ós concellos da provincia da Coruña: O Carballo, Melide, Miño, Noia, Oleiros, Ordes e Rianxo; da provincia de Lugo: Becerreá, Chantada, Sarria e Xove; da provincia de Ourense: O Carballiño, Lobios, Muíños e Xinzo de Limia; e da provincia

de Pontevedra: A Guarda, A Estrada, Cangas do Morrazo, Mos, Sanxenxo, Val Miñor-Nigrán e Vilagarcía de Arousa.

Segundo.-O contido desta resolución notificaráselles ós concellos beneficiarios.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais