Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.683

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de xullo de 2002 pola que se resolve a concesión de equipos de comunicación bases e móbiles de radio Trunking, para misións de protección civil.

Por Orde do 3 de maio de 2002 (DOG nº 92, do 14 de maio), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na concesión de equipos de comunicación bases e móbiles de radio Trunking, para misións de protección civil.

Os servicios provinciais de Protección Civil, unha vez analizadas as solicitudes e a súa documentación, emitiron o correspondente informe técnico, segundo se indica no artigo 5º da Orde do 3 de maio, que foi tido en conta pola comisión de avaliación para face-la proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 7º da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231 A.623.0 dos orzamentos xerais da Comu

nidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, a cesión en propiedade de equipos de comunicación bases e móbiles de radio Trunking, ós concellos da provincia da Coruña: Abegondo, Bergondo, Boimorto, Boqueixón, Cabana de Bergantiños, Dumbría, Malpica, Muros, Negreira, Paderne, A Pobra do Caramiñal e Ponteceso; da provincia de Lugo: Burela, Meira, A Fonsagrada e Viveiro; da provincia de Ourense: Bande, Laza, Maceda, Muíños, Nogueira de Ramuín, A Rúa e San Cibrao das Viñas; e da provincia de Pontevedra: Agolada, Barro, A Estrada, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Moaña, Poio, Portas, Soutomaior, Tui e Vilagarcía de Arousa.

Segundo.-O contido desta resolución notificaráselles ós concellos beneficiarios.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais