Por Orde do 3 de maio de 2002 (DOG nº 93, do 15 de maio), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil.
Os servicios provinciais de Protección Civil, unha vez analizadas as solicitudes e a súa documentación, emitiron o correspondente informe técnico, segundo
se indica no artigo 5 da Orde do 3 de maio, que foi tido en conta pola comisión de avaliación para face-la proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 7 da referida orde,
RESOLVO:
Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231 A.624.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil da provincia da Coruña: Brión, Cee, Miño, Neda e Zas, da provincia de Lugo: Ourol e Valadouro, da provincia de Ourense: Amoeiro e San Cibrao das Viñas e da provincia de Pontevedra: Salceda de Caselas e Sanxenxo.
Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.
Terceiro.- Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais