Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.682

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de xullo de 2002 pola que se resolve a concesión de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil, para misións de protección civil.

Por Orde do 3 de maio de 2002 (DOG nº 93, do 15 de maio), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na concesión de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil, para misións de protección civil.

Os servicios provinciais de Protección Civil, unha vez analizadas as solicitudes e a súa documentación, emitiron o correspondente informe técnico, segundo se indica no artigo 5 da orde do 3 de maio, que foi tido en conta pola comisión de avaliación para face-la proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 9 da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo á aplicación 13.04.231.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, a concesión de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil ós concellos da provincia da Coruña: Abegondo, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cariño, Cedeira, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Curtis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fisterra, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica, Melide, Miño, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Ortigueira, Paderne, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vedra, Vimianzo e Zas; da provincia de Lugo: A Mariña, Baleira, Barreiros, Burela, Carballedo, Cervo, Chantada, O Incio, A Fonsagrada,

Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Ourol, Pol, A Pontenova, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Taboada, O Valadouro, Vilalba e Viveiro; da provincia de Ourense: A Gudiña, A Mezquita, A Rúa, A Veiga, Allariz, Avión, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Calvos de Randín, O Carballiño, Cartelle, Celanova, Chandrexa de Queixa, Coles, Esgos, Larouco, Laza, Lobios, Maceda, Mancomunidade de Navea Bibei, Mancomunidade do Ribeiro, Muíños, Nogueira de Ramuín, O Barco, O Irixo, Ourense, O Pereiro de Aguiar, Piñor, Punxín, Rairiz de Veiga, Riós, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Verín, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo; e da provincia de Pontevedra: Agolada, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Cerdedo, Cuntis, A Estrada, Forcarei, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Mondariz, Mos, Poio, Pontecesures,

Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Valmiñor, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Segundo.-O contido desta resolución notificaráselles ós concellos beneficiarios.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais