Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.677

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se convocan sesenta e seis cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de usos fitosanitario e gandeiro para agricultores.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipulador destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia realizar.

A finalidade principal destes cursos é conseguir unha formación adecuada para os agricultores que realicen tratamentos na súa propia explotación, sen empregar persoal auxiliar, con productos fitosanitarios ou de uso gandeiro, de categorías toxicolóxicas nociva ou tóxica, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador para eses productos, de nivel básico, que os capacite para exercer esta actividade a nivel autonómico e estatal.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de sesenta e seis cursos de aplicador/manipulador de praguicidas que terán lugar de acordo coas seguintes bases:

1. Clases de cursos que se van impartir.

Cursos de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro, nivel básico.

2. Datos do organismo organizador.

O organismo organizador será o Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

3. Obxectivos dos cursos.

Que os agricultores que produzan alimentos para consumo propio ou para a venda efectúen correctamente os tratamentos con praguicidas para poder

garantir así que se gardan os prazos de seguridade obrigatorios para cada praguicida e se cumpre coas esixencias legais en vigor en canto a límites de residuos.

Que o aplicador utilice o equipo de protección adecuado para evita-los posibles danos á súa saúde e á doutras persoas.

Que o agricultor coñeza os primeiros auxilios que se deben prestar en caso de que se produza unha intoxicación con praguicidas.

Que as técnicas de aplicación dos praguicidas se realicen de forma que se impida a posible contaminación do ambiente.

4. Destinatarios.

a) Destinatarios: agricultores que realicen tratamentos na Comunidade Autónoma de Galicia con productos fitosanitarios ou de uso gandeiro.

b) Nº de prazas: o número de alumnos que poderá participar por curso será de 30 como máximo.

Criterios de selección: o solicitante deberá ter, alomenos, 18 anos.

Na selección terán prioridade os agricultores especificados no punto 3, e os preseleccionados polas organizacións profesionais agrarias que colaboren na realización do curso.

5. Realización.

Os lugares e datas de realización dos sesenta e seis cursos son os que figuran como anexo III desta resolución.

Duración e horario:

Duración de cada curso: 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 clases prácticas.

O horario de cada curso será das 15 ás 19 horas de luns a xoves e das 9 ás 14 horas do venres.

Os coordinadores de cada curso poderán modifica-lo horario ou ben os días se fose necesario.

6. Programa.

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinación técnica do curso.

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, a coordinación do curso será realizada a través do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

8. Solicitudes e inscrición.

a) Documentación: o persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación da preselección realizada pola organización profesional agraria que colabora na organización do curso.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural das 9 ás 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios do organismo convocante, no prazo de 5 días naturais contados a partir do seguinte ó da finalización do prazo sinalado para a inscrición.

9. Certificado de superación do curso.

Para obte-lo certificado de superación do curso, o alumno debe asistir a tódalas súas sesións e ter superadas as probas pertinentes que avalen os coñe

cementos adquiridos. Unha vez obtido o dito certificado poderase solicitar ó Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia o carné de manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro de nivel básico, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2002.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO II

Programa do curso para os productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicación.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios en caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 21.

ANEXO III

Cursos de aplicador/manipulador de praguicidas fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

CentroLugar de realizaciónNº de cursosData de inicio

Oficina Agraria Comarcal de MelideSobrado17-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de ArzúaArzúa121-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de OrdesOrdes116-9-2002

Oficina Agraria Comarcal de CambreCarral114-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de BetanzosBergondo17-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de TeixeiroCurtis130-9-2002

Oficina Agraria Comarcal de OrtigueiraOrtigueira121-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de NoiaLousame123-9-2002

Oficina Agraria Comarcal de PadrónPadrón

Padrón

Padrón

1

1

1

9-9-2002

23-9-2002

14-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de NegreiraNegreira

A Baña

1

1

18-11-2002

11-11-2002

Oficina Agraria Comarcal de RibeiraRibeira130-9-2002

Oficina Agraria Comarcal de Santa CombaSanta Comba116-9-2002

Oficina Agraria Comarcal de SantiagoVedra

Boqueixón

1

1

11-11-2002

4-11-2002

Oficina Agraria Comarcal de LugoLugo114-9-2002

Oficina Agraria Comarcal de MonterrosoTaboada121-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de CastroverdeCastroverde116-9-2002

Oficina Agraria Comarcal de SarriaSarria118-11-2002

Oficina Agraria Comarcal de MondoñedoMondoñedo14-11-2002

Oficina Agraria Comarcal de FozFoz

Foz

1

1

14-10-2002

1-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de ChantadaChantada118-11-2002

Oficina Agraria Comarcal de VilalbaVilalba12-10-2002

Oficina Agraria Comarcal da RúaA Rúa121-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de CelanovaCelanova14-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de OurenseColes121-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de RibadaviaRibadavia14-11-2002

Oficina Agraria Comarcal de VerínVerín

Verín

1

1

1-10-2002

4-11-2002

Oficina Agraria Comarcal de XinzoXinzo114-10-2002

Oficina Agraria Comarcal da EstradaA Estrada128-9-2002

Oficina Agraria Comarcal de SilledaSilleda131-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de Cangas do MorrazoCangas

Moaña

Moaña

1

1

1

1-10-2002

21-10-2002

21-11-2002

Oficina Agraria Comarcal de Ponte CaldelasPontevedra128-10-2002

CentroLugar de realizaciónNº de cursosData de inicio

Oficina Agraria Comarcal do RosalTui

O Rosal

1

1

30-9-2002

7-10-2002

Oficina Agraria Comarcal de Caldas de ReisValga14-11-2002

Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía de ArousaCambados

Cambados

Ribadumia

1

1

1

2-11-2002

2-11-2002

2-12-2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de GuísamoGuísamo

Guísamo

Guísamo

Guísamo

1

1

1

1

1-10-2002

7-10-2002

21-10-2002

18-11-2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de SergudeSergude

Sergude

Sergude

Sergude

1

1

1

1

7-10-2002

18-11-2002

9-12-2002

21-10-2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de BecerreáBecerreá

Becerreá

Becerreá

1

1

1

14-10-2002

18-10-2002

9-12-2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de LemosMonforte de Lemos

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

1

1

1

14-10-2002

21-10-2002

18-11-2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Pedro Murias de RibadeoPedro Murias116-9-2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de LourizánLourizán

Lourizán

1

1

21-10-2002

11-11-2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Salceda de CaselasSalceda de Caselas

Salceda de Caselas

Salceda de Caselas

1

1

1

7-10-2002

4-11-2002

9-12-2002