Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.674

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se convocan quince cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de usos fitosanitario e gandeiro.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipulador destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia realizar.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de 15 cursos de aplicador/manipulador de praguicidas que se realizarán de acordo coas seguintes bases:

1. Clase de curso que se vai impartir.

Curso de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

2. Datos do organismo organizador.

O organismo organizador será o Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

3. Obxectivos dos cursos.

Conseguir unha formación adecuada para o persoal dos establecementos e empresas que manipulen ou presten servicios de tratamentos con praguicidas fitosanitarios ou de uso gandeiro, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes produc

tos que os capacite para exercer esta actividade en todo o territorio estatal.

4. Destinatarios.

a) Destinatarios: persoal de establecementos e servicios praguicidas, sector da madeira, aplicadores, agricultores e público en xeral.

b) Nº de prazas: o número de alumnos que poderá participar será de 30 como máximo.

c) Criterios de selección: o solicitante deberá ter polo menos 18 anos. Na selección terá prioridade, sempre que o xustifique documentalmente, o persoal dos establecementos de venda e o dos almacéns comunitarios e outros almacéns recollidos no artigo 4, puntos 1.4, 1.5, 1.6, 1.7 da Orde do 8 de abril de 1996, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas e se dictan as normas de inscrición nel, na Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Realización.

As clases correspondentes a estes cursos levaranse a cabo nos seguintes lugares:

a) Cursos para establecementos de venda e empresas de tratamentos de productos fitosanitarios:

CentroEnderezoNº de cursosDatas de realización

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (A Coruña)Guísamo-Bergondo (A Coruña)

CP: 15640

Tfno.: 981 79 52 20

Fax: 981 79 53 75

2-16 ó 20 de setembro de 2002-9 ó 13 de setembro de 2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude (A Coruña)Sergude-Boqueixón (A Coruña)

CP: 15881

Tfno.: 981 51 18 15

Fax: 981 51 18 15

2-23 ó 27 de setembro de 2002-21 ó 25 de outubro de 2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos (Lugo)Estrada de Castro Caldelas s/n

Monforte de Lemos (Lugo)

CP: 27400

Tfno.: 982 40 06 65

Fax: 982 40 43 08

2-16 ó 20 de setembro de 2002-9 ó 13 de decembro de 2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias (Lugo)Vilaframil-Ribadeo (Lugo)

CP: 27797

Tfno.: 982 13 10 17

Fax: 982 13 10 29

2-14 ó 18 de outubro de 2002-18 ó 22 de novembro de 2002

ExpourenseFinca Sevilla s/n (Ourense)

CP: 32005

Tfno.: 988 36 60 30

2-7 ó 11 de outubro de 2002-21 ó 25 de outubro de 2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Lourizán (Pontevedra)Igrexa, 19; Lourizán (Pontevedra)

CP: 36153

Tfno.: 986 85 52 18

Fax: 986 85 64 20

2-30 de setembro ó 4 de outubro de 2002-9 ó 13 de decembro de 2002

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Salceda de Caselas (Pontevedra)Entenza-Salceda de Caselas (Pontevedra)

CP: 34471

Tfno.: 986 34 79 04

Fax: 986 34 72 50

2-7 ó 11 de outubro de 2002-25 ó 29 de novembro de 2002

b) Curso para aplicadores de productos fitosanitarios no sector da madeira:

CentroEnderezoNº de cursosDatas de realización

ExpourenseFinca Sevilla s/n (Ourense)

CP: 32005

Tfno.: 988 36 60 30

1-4 ó 7 de novembro de 2002

Duración e horario:

A duración do curso será como mínimo de 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 de clases prácticas.

O horario do curso será de 15 a 19 horas de luns a xoves, e de 9 a 14 horas o venres.

6. Programa.

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinador técnico do curso.

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, a coordinación do curso será realizada a través do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

8. Solicitudes e inscrición.

a) Documentación: o persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación do organismo ou servicio de praguicidas especificando o labor que desempeña o solicitante nel.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en horario de 9 a 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O prazo de presentación será de 15 días naturais, contados desde o seguinte á publicación da presente resolución.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios do organismo convocante e do centro, no prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ó do prazo de finalización da inscrición.

9. Certificación de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Finalizado este a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquiridos polo alumno e no caso de superalas, expedirá o certificado co que poderá solicitar ó Centro de Formación , Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia o carné de manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro, nivel básico, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2002.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO II

Programa do curso de nivel básico para productos fitosanitarios e de uso gandeiro.

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios no caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.