Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.591

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2002, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se conceden as subvencións para publicacións periódicas convocadas no anexo VI da Orde do 1 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 10 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Xeral da Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 10 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas, prevé no seu anexo VI a concesión de subvencións para publicacións periódicas de carácter científico.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 12 de marzo de 2001 (DOG do 5 de maio), esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que a continuación se relacionan para as publicacións que se sinalan e na contía que se indica en cada caso:

Universidade da Coruña:

* Servicio de Publicacións:

-Anuario da Facultade de Dereito: 4.635 A.

-Linguaxe e Textos: 1.854 A.

-Boletín Académico da E.T.S.A.: 1.236 A.

-Laboratorio Xeológico de Laxe: 4.841 A.

-Revista de Lexicografía: 3.126 A.

-Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación: 2.575 A.

* Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística:

-Revista Galega de Filoloxía: 1.236 A.

Universidade de Santiago de Compostela:

* Servicio de Publicacións:

-Innovación educativa: 2.704 A.

-Moenia: Revista Lucense de Lingüística e Literatura: 3.502 A.

-Rips: Revista de Investigacións Políticas e Sociolóxicas: 2.404 A.

-Semata: Ciencias Sociais e Humanidades: 4.120 A.

-Cadernos compostelanos de Dereito Romano: 1.236 A.

-Verba: Anuario Galego de Filoloxía: 4.893 A.

-Obradoiro de Historia Moderna: 2.369 A.

-Nacc: Nova Acta Científica Compostelana: 2.060 A.

-Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela: 3.836 A.

-Boletín Galego de Literatura: 4.223 A.

-Agora Papeis de Filosofía: 3.090 A.

-Adaxe: Revista de Estudios e Experiencias Educativas: 2.060 A.

-Revista Galega de Economía: 1.236 A.

Universidade de Vigo:

* Servicio de Publicacións:

-Cooperativismo e Economía Social: 1.751 A.

-Thalassas: 2.884 A.

-Sarmiento: Anuario Galego de Historia da Educación: 3.605 A.

-Theatralia:1.236 A.

-Minius: 2.000 A.

-Babel-Afial:1.236 A.

-Estudios de Sociolingüística: 1.236 A.

-Hisperia-Anuario de Filoloxía Hispánica: 1.648 A.

- Decisión: 618 A.

Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC):

-Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio: 1.236 A.

Institucións sen ánimo de lucro:

* Grupo Marcelo Macías:

-Boletín Auriense: 2.640 A.

* Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia:

-Adega-Cadernos: 660 A.

* Iltre. Colexio Oficial de Economistas da Coruña.

-Documentos de Traballo en Análise Económica: 1.100 A.

* Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico:

-Revista Cis-Madera: 1.320 A.

* Fundación para o Fomento da Calidade CIS:

-Tecnodisma: 1.100 A.

-Sala de Cad: 990 A.

* Altaga:

-Ciencia e Tecnoloxía Alimentaria: 1.320 A.

* Selicup:

-Garoza: 1.320 A.

* Asociación de Estudios Euroamericanos de Desenvolvemento:

-Estudios Económicos Rexionais e Sectoriais: 660 A.

-Estudios Económicos de Desenvolvemento Internacional: 660 A.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no punto primeiro desta resolución e que foron admitidas para participar neste concurso debe entenderse que quedan denegadas por no acadaren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-De acordo co establecido no punto 7 das bases da convocatoria, previamente ó pagamento e, en todo caso, antes do 30 de setembro de 2002, os beneficiarios deberán remitir un exemplar da correspondente publicación na que conste a colaboración prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. As entidades sen ánimo de lucro presentarán así mesmo certificación de estar ó día cos pagamentos á Seguridade Social, e coa Facenda estatal e autonómica.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2002.

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento