Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.590

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2002 pola que se conceden axudas para a organización de congresos científicos que van ter lugar en Galicia, convocadas no anexo VII da Orde do 1 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 10 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 10 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria, prevé no anexo VII da dita orde a concesión de axudas para a organización de congresos de carácter científico e tecnolóxico con estructura de relatorios e comunicacións, que van ter lugar en Galicia.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ás dispoñibilidades orzamentarias e á proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas ás persoas que se relacionan no anexo, da presente resolución, para a realización dos eventos que se indican en cada caso.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 1 de abril de 2002 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Terceiro.-Os pagamentos faranse conforme o establecido no punto 6 das correspondentes bases.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de

reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 1-4-2002, DOG do 10 de abril)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

ANEXO

RELACIÓN DE AXUDAS PARA ORGANIZACIÓN DE CONGRESOS, SIMPOSIOS OU SEMINARIOS QUE SE VAN Á REALIZAR EN GALICIA.

SOLICITANTE TÍTULOORGANISMO/ENTIDADEAXUDA EN A

AGRA ROMERO, MARÍA JOSÉIV SIMPOSIO LUSO-GALAICO DE FILOSOFÍA: "GALICIA E PORTUGAL: MIRADAS CRUZADAS".UNIV. DE SANTIAGO DE C.1.125,00

BLANCO DOPICO, MARÍA ISABELX ENCONTRO DE PROFESORES UNIVERSITARIOS DE CONTABILIDADE. COMPOSTELA 2002: O CAMIÑO DA CONTABILIDADE.UNIV. DE SANTIAGO DE C.2.250,00

CASTIÑEIRAS CAMPOS, ALFONSOXII SPANISH ITALIAN CONGRESS ON THE THERMODINAMICS OF METAL COMPLEXES.UNIV. DE SANTIAGO DE C.4.800,00

DÍAZ FERNÁNDEZ, FERNANDOIII CONGRESO ESPAÑOL DE PSICOFISIOLOXÍA.UNIV. DE SANTIAGO DE C.2.300,00

DOVAL REIXA, IRENEIV CONGRESO FAGE DE XERMANISTAS Y PROFESORES DE ALEMÁN.UNIV. DE SANTIAGO DE C.2.300,00

FALGUERA LÓPEZ, JOSÉ LUISI XORNADAS HISPANO PORTUGUESAS DE FILOSOFÍA ANALÍTICA.UNIV. DE SANTIAGO DE C.2.300,00

GARCÍA MIRA, RICARDO17CONFERENCE OF THE INTERNATIONAL ASSOCIATION FOR PEOPLE ENVIRONMENT STUDIES. "CULTURE, QUALITY OF LIFE AND GLOBALIZATION: PROBLEMS AND CHALLENGES FOR THE NEW MILLENIUM"UNIV. DA CORUÑA5.000,00

GONZÁLEZ GARCÍA, FRANCISCOI XORNADAS DE TELEMEDICINA.UNIV. DE SANTIAGO DE C.1.050,00

GONZÁLEZ VALEIRO, MIGUEL A.CONGRESO INTERNACIONAL DA ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE ESCOLAS SUPERIORES DE EDUCACIÓN FÍSICA (AIESEP)UNIV. DA CORUÑA4.800,00

LÓPEZ POZA, SAGRARIOVI CONGRESO INTERNACIONAL DE EMBLEMÁTICA. SOCIETY FOR EMBLEM STUDIES.UNIV. DA CORUÑA5.000,00

LÓPEZ CEDRÚN, JOSÉ LUISI SIMPOSIO INTERNACIONAL SOBRE DEFORMIDADES FACIAIS CONXÉNITAS.C. H. JUAN CANALEJO4.600,00

LLAMAS NISTAL, MARTÍNIE2002: VI CONGRESO IBEROAMERICANO DE INFORMÁTICA EDUCATIVA, IV SIMPOSIO INTERNACIONAL DE INFORMÁTICA EDUCATIVA, VII TALLER INTERNACIONAL DE SOFTWARE EDUCATIVOUNIV. DE VIGO4.500,00

MANDADO PÉREZ, ENRIQUE4TH EUROPEAN WORKSHOP ON MICROELECTRONICS EDUCATION.UNIV. DE VIGO4.400,00

MARCO LÓPEZ, AURORAVII CONGRESO INTERNACIONAL DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE DIDÁCTICA DA LINGUA E DA LITERATURA.UNIV. DE SANTIAGO DE C.2.400,00

MONTERO MUÑOZ, MARÍAVII WORKSHOP ON DYNAMIC MACROECONOMICSUNIV. DE VIGO1.200,00

PALACIOS MTNEZ., IGNACIO MIGUELXXVI CONGRESO AEDEAN (ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE ESTUDIOS ANGLONORTEAMERICANOS)UNIV. DE SANTIAGO DE C.2.300,00

PASCUAL LÓPEZ, MARI CRUZO FUTURO DA INDUSTRIA PESQUEIRA NO MUNDO GLOBALIZADO.UNIV. DE SANTIAGO DE C.1.150,00

POMBO ARIAS, MANUELCONGRESO NACIONAL DE ENDOCRINOLOXÍA PEDIÁTRICA.UNIV. DE SANTIAGO DE C.2.300,00

RODRÍGUEZ CAMPOS, JOAQUÍNCONGRESO INTERNACIONAL GALICIA, TERRANOVA E LABRADOR: ESTUDIOS COMPARATIVOS DAS DINÁMICAS ECONÓMICAS, POLÍTICAS E SOCIOCULTURAIS.UNIV. DE SANTIAGO DE C.1.200,00

SANCHEZ DE PAZ, ELENAVII ENCONTRO DE NOVOS INVESTIGADORES EN ANÁLISE ECONÓMICO.UNIV. DA CORUÑA.1.150,00

SANTOS SOLLA, XOSÉ MANUELVIII COLOQUIO DE XEOGRAFÍA DO TURISMO, OCIO E RECREACIÓN.UNIV. DE SANTIAGO DE C.2.200,00

SOUZA TRONCOSO, JESÚSII INTERNATIONAL CONGRESS OF THE EUROPEAN MALACOLOGICAL SOCIETIES.UNIV. DE VIGO5.000,00

VALCÁRCEL LÓPEZ, EVAV CONGRESO INTERNACIONAL DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE ESTUDIOS LITERARIOS HISPANOAMERICANOS. A LITERATURA HISPANOAMERICANA COS CINCO SENTIDOS.UNIV. DA CORUÑA.2.300,00

VÁZQUE BUJÁN, MANUEL ENRIQUEIV CONGRESO INTERNACIONAL DE LATÍN MEDIEVAL.UNIV. DE SANTIAGO DE C.4.700,00

VILLALBA GARCÍA, ANTONIO4TH INTERNATIONAL CONFERENCE ON MOLLUSCAN SHELLFISH SAFETYC. DE PESCA E ASUNTOS MARÍT.4.900,00